lunes, 28 de mayo de 2012

As Mochilas Viaxeiras



As Mochilas Viaxeiras son un medio para facer chegar ás familias unha variada selección de contos, poesía, libros divulgativos para nenos, c.d. musical e un libro para adultos…
Tamén é unha fonte de información para as familias, para que comprendan a importancia e o valor dos libros para os seus fillos/as e aproveiten datas sinaladas para regalárllelos.

BENVIDOS AO NOSO BLOGUE


Ola amigos/as dámosvos a benvida ao blogue da nosa biblioteca cunha das fotos da
mascota "O Monstro COMELETRAS". Non lle teñades medo, só lle gusta comer letras e letras...
Nel vos mostraremos  exemplos das actividades que programamos o equipo da biblioteca ao longo dos cursos. Tamén vos informaremos, recomendaremos, presentaremos novidades...
En fín!, esperamos que sexa do voso interese.