Páginas

miércoles, 24 de abril de 2013

CELEBRAMOS O DÍA DO LIBRO


A mascota da biblioteca, comeletras, agochou uns contos pola escola como agasallo para as aulas. Para atopalos tivemos que seguir unhas pistas que nos levaran ata eles. Foi un difícil traballo de investigación pero conseguimos dar con eles.
 Velaí algunhas das pistas

nun bosque me atopo
pero non tes que sair do cole
pois non son de verdade
xa que me pintaron as profes
estou nun lugar perigoso
grandes garras me esconden
non sei se haberá valentes
que me collan cando me topen
un agasallo atoparedes
nunha árbore moi rara
pois en vez de follas verdes
tennas de cor morada
cando estou no recreo
e me canso de xogar
hai un lugar moi grande
onde me podo sentar

 
que ben estou aquí
a sombra destas folliñas
tomando zume de laranxa
que ten moitas vitaminas