Páginas

domingo, 24 de junio de 2012

RECOMENDACIÓNS PARA ESTE VERÁN

PARA PAIS
99 suxerencias escritas con humor que falan das pataletas,
dos castigos que deben cumprirse, de escoller o momento 
para razoar e o momento para dicir simplemente “non”
Dúas obras nas que as ilustracións están 
feitas con froitas e verduras moi expresivas
Este é o novo libro da nosa autora Fina Casalderrey.
É un libro de relatos sobre os dereitos da infancia 
que recomendamos para aqueles que teñan irmán maiores
Coma sempre algo de poesía
para os máis cativos da casa
Dous animais atópanse, xogan, enfádanse, 
sepáranse, bótanse de menos… e volven xogar

CONTOS NAS PORTAS


domingo, 17 de junio de 2012

O RECANTO DE FINA


 


Fina acompañounos no magosto, no nadal, no entroido, no mes do libro, na chegada da primaveira...
GRACIAS!!!



LENDO NA BIBLIOTECA



Exposición fotográfica para conmemorar o día do libro.

CONTACONTOS


ANXO MOURE FACÉNDONOS RIR...

ANIMACIÓN A LECTURA





 Durante todo o curso fomentouse o gusto polos contos con diversidade de actividades moi motivadoras...



ESPAZO DE LECER



Como novidade, neste curso creamos espazos máis alá da biblioteca, pero que dun xeito ou outro están vinculados con ela; é o caso deste espazo de lecer que invita á lectura e ao sosego; para que as familias e o alumnado que fan uso das instalacións do Centro polas tardes, poidan ter un lugar onde ler contos, a prensa ou revistas como "crecer en familia".

A NOSA BIBLIOTECA




Espazos para escoitar, para "ler", para escoller, para contar...

Sabías que....


SABÍAS QUE ...
HABÍA UNHA VEZ un colexio cheo de nenose nenas e cheo de medos como todos os colexios do mundo.
Nel había un neno que se chamaba Iván e que tiña un medo moi raro, que probocaba risa nos demais;
IVÁN contoulle á súa mestra e aos seus compañeiros e compañeiras que o peor monstro de todos era o “comeletras”, un monstro que vivía na biblioteca porque  andaba á procura de letras porque quería facer con elas un nome para el.

Iván debuxou o monstro e, deseguido,  o monstro comezou a comer nas letras.
A primeira que papou foi o “a”, e todos os nomes que levaban a letra a quedaron pequenos e raros. despois papou o “r” e, deseguido, o “l”… canto máis comía o monstro, máis rían os nenos e nenas porque xa non se podían nin chamar.

Agora que as letras estaban na barriga do monstro, tiñan que facer algo para sacalas de alí.
-xa está!, dixo LUCÍA, contarémoslle un conto, iso sempre funciona!
E comezaron a lle contar contos.

Pouco a pouco o monstro ía devolvendo as letras.  Cando remataban un conto e o monstro lles pedía outro, eles dicíanlle que só llo contaban a cambio da letra que máis precisasen.
Entre contos e letras fixéronse amigos e, sen decatarse, todos comezaron a chamarlle “mon” , “mon o comeletras” . O monstro xa tiña nome!!!