
HABÍA UNHA VEZ un colexio cheo de nenose nenas e cheo de medos como todos os
colexios do mundo.
Nel había un neno que se chamaba Iván e que tiña un
medo moi raro, que probocaba risa nos demais;
IVÁN contoulle á súa mestra e aos seus compañeiros e
compañeiras que o peor monstro
de todos era o “comeletras”, un monstro que vivía na biblioteca porque andaba á procura de letras porque quería facer
con elas un nome para el.
Iván debuxou o monstro e, deseguido, o monstro comezou a comer nas letras.
A primeira que papou foi o “a”, e todos os nomes que
levaban a letra a quedaron pequenos
e raros. despois papou o “r” e,
deseguido, o “l”… canto máis comía o
monstro, máis rían os nenos e nenas porque xa non se podían nin chamar.
Agora que as letras estaban na barriga do monstro,
tiñan que facer algo para sacalas de alí.
-xa está!, dixo LUCÍA, contarémoslle un conto, iso
sempre funciona!
E comezaron a lle contar contos.
Pouco a pouco o monstro ía devolvendo as letras. Cando remataban un conto e o monstro lles
pedía outro, eles dicíanlle que só llo contaban a cambio da letra que máis
precisasen.
Entre contos e letras fixéronse amigos e, sen
decatarse, todos comezaron a chamarlle “mon” , “mon o comeletras” . O monstro xa tiña nome!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario