lunes, 25 de mayo de 2015

UN NOVO RECANTO DE LECTURA



Un novo recanto de lectura saiu de portas a fora da biblioteca para ese anaquiño de tempo de espera das familias ou de calquer outra persoa que non podamos atender de inmediato.  Esperamos que vos guste e que o disfrutedes. 
Felices lecturas!!

sábado, 9 de mayo de 2015

RECEITANDO CONTOS!!



Como deferencia do Concello de Pontevedra, esta semana tivemos sesións de contacontos para o alumnado de 5º e 6º.
Convertímonos tod@s en cociñeiros/as por un instante.
E cociñando, cociñando... desa gran pota saiu Elmer o elefante.
E cociñando, cociñando tamén saiu A cebra Camila.
Canta maxia!!
Noraboa cociñeiros/as. Fixestelo moi ben.