Despois dun curso cheo
de actividades co tema central do bosque, e despois de tantas aprendizaxes novas,
toca descansar un pouquiño. Así que para relaxarse, tumbarse un ratiño ao sol
ou a sombra, nada mellor que ler un conto.
Dende a biblioteca
querémosvos recomendar algúns. Esperemos que sexan do voso interese.
 |
CANDO CAEN AS FOLLAS.
EVEREST
Xa sabedes que nas nosas guías de
lectura nunca falta un chisco de poesía para nenos/as. Nesta obra son as follas
de diferentes árbores as que nos van guiando páxina tras páxina.
|
 |
Un libro que explica cómo
funcionan os nenos, por que fan o que fan, en definitiva, unha espléndida guía
de comportamento infantil con consellos e observacións ben documentadas
baseadas no amor e no respecto ás emocións.
|
O CASCABEL DA GATA. OQO
EDITORA
A gata Benita anda a procura do
cascabel que perdeu non vaia ser que por ese despiste quede sen sardiñas
|
 |
OS TRES PORQUIÑOS.
OQO TRES OSOS. OQO
Como sabedes, este curso, estivemos a
traballar sobre o bosque e non podíamos deixar de recomendar dúas versións
destes contos clásicos que suceden no bosque e que sempre gustan aos pequenos.
|
 |
COLECCIÓN “ME GUSTA…”
ED. EDELVIVES
Unha variada colección coa que os/as
nenas disfrutaran, sobre todo coa sinxeleza das imaxes e cos pequenos detalles
O EQUIPO DA BIBLIOTECA DESEXA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA FELIZ VERÁN.
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario