A única intención deste blog é ir facendo recomendacións de contos para o alumnado de Educación Infantil.
Tamén mostraremos exemplos dalgunhas actividades levadas a cabo dende a nosa pequena pero activa biblioteca.
Recibimos a tan esperada visita de Fina Casalderrey, quen agasallou ao alumnado coas súas historias e contos, a súa vez eles corresponderonlle con bailes e cancións. Foi unha xornada de nervios e emocións para os mais pequerrechos.
Ningúén mellor ca ela para inaugurar a exposición "O museo na escola" que ten como artistas ao alumnado do noso colexio.
No hay comentarios:
Publicar un comentario