![]() |
Recanto de recomendacións para as aulas de parte do Comeletras para estes días tan terroríficos, para facelos aínda máis terroríficos... |
A única intención deste blog é ir facendo recomendacións de contos para o alumnado de Educación Infantil. Tamén mostraremos exemplos dalgunhas actividades levadas a cabo dende a nosa pequena pero activa biblioteca.
viernes, 29 de octubre de 2021
LECTURAS PARA O SAMAÍN
domingo, 24 de octubre de 2021
jueves, 21 de octubre de 2021
DIAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES
Iniciamos a actividade das "Mochilas viaxeiras" para conmemorar o día das Bibliotecas Escolares xunto a Comeletras, a mascota da biblioteca.
Estas mochilas viaxarán as vosa casa calquer VENRES do curso y estará convosco hasta o seguinte MÉRCORES, día en que terá que vir sen falta de volta para o colexio, para que queden en corentena e poida levala outro neno/a o seguinte venres.
O obxectivo das mochilas é compartir as lecturas en familia.
Ler en familia é unha actividade que podemos facer moi divertida e que encima axuda a estreitar lazos entre pais/nais e fillos/as ademáis de promover o vocabulario dos rapaces, estimular a fala , mellorar a súa expresión, atención e concentración, desenrolar a curiosidade, a imaxinación e a creatividade, etc. En definitiva, facilita o proceso de aprendizaxe, a súa formación intelectual, social e emocional. De ahí a importancia de adquirir o hábito lector desde idades temperás.
Esperamos que esta actividade vos faciliten as lecturas diarias cos vosos fillos e fillas, e vos faga disfrutar deles e delas, ésa é a nosa intención. Xa nos contaredes a vosa experiencia no caderno de suxestións que vai dentro da mochila.
Moitas grazas por paticipar.
miércoles, 20 de octubre de 2021
SALUDO DE COMELETRAS
A mascota de comeletras davos a benvida a Biblioteca do cole. Está moi contento porque pronto vos verá por alí entre todos os contos, que como sabedes a él tamén lle gostan moito, sobre todo as letras dos contos, Ummm como lle gustan...
Este curso vai estar sempre pola biblioteca esperando a ver si vos pode comer algunha letra dos vosos contos. Tende coidado!!
martes, 19 de octubre de 2021
PROTOCOLO PARA O USO DA BIBLIOTECA
Pica no seguinte enlace e informaraste do protocolo covid que seguimos para usar a biblioteca: https://www.dropbox.com/s/8zaggfnomu1of3a/Protocolo%20uso%20da%20biblioteca.pdf?dl=0 |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)