Páginas

jueves, 21 de octubre de 2021

DIAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

   Iniciamos a actividade das "Mochilas viaxeiras" para  conmemorar o  día das Bibliotecas Escolares xunto a Comeletras, a mascota da biblioteca.

   Estas mochilas viaxarán as vosa casa calquer VENRES do curso y estará convosco hasta o seguinte MÉRCORES, día en que terá que vir sen falta de volta para o colexio, para que queden en corentena e poida levala   outro neno/a  o seguinte venres.

   O obxectivo das mochilas é compartir as lecturas en familia.
 
   Ler en familia é unha actividade que podemos facer moi divertida e que encima axuda a estreitar lazos entre pais/nais e fillos/as  ademáis de promover o vocabulario dos rapaces, estimular a  fala , mellorar a súa expresión, atención e concentración, desenrolar a curiosidade, a imaxinación e a creatividade, etc. En definitiva,  facilita o proceso de aprendizaxe, a súa formación intelectual, social e emocional. De ahí a importancia de adquirir o hábito lector desde idades temperás.

   Esperamos que esta actividade vos faciliten as lecturas diarias cos vosos fillos e fillas, e vos faga disfrutar deles e delas, ésa é a nosa intención. Xa nos contaredes a vosa experiencia no caderno de suxestións que vai dentro da mochila.

   Moitas grazas por paticipar.


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario