A única intención deste blog é ir facendo recomendacións de contos para o alumnado de Educación Infantil.
Tamén mostraremos exemplos dalgunhas actividades levadas a cabo dende a nosa pequena pero activa biblioteca.
A Organización Española para o Libro Infantil e Xuvenil, co apoio do Ministerio de Cultura e Deporte e a Xunta de Galicia, presenta á escritora Fina Casalderrey ao Premio Hans Christian Andersen, o máis alto recoñecemento internacional que se concede a un autor vivo, tamén coñecido como o “Nobel de Literatura Infantil”, que concede o IBBY dende o ano 1956, co patrocinio da raíña Margarita II de Dinamarca.
En breve co noso alumnado, farémoslle unha merecida homenaxe que por aquí vos deixaremos.Noraboa Fina!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario