Páginas

miércoles, 26 de junio de 2013

RECOMENDACIÓNS PARA O VERÁN

Despois dun curso cheo de actividades co tema central do bosque, e despois de tantas aprendizaxes novas, toca descansar un pouquiño. Así que para relaxarse, tumbarse un ratiño ao sol ou a sombra, nada mellor que ler un conto.
Dende a biblioteca querémosvos recomendar algúns. Esperemos que sexan do voso interese. 


CANDO CAEN AS FOLLAS. EVEREST
Xa sabedes que nas nosas guías de lectura nunca falta un chisco de poesía para nenos/as. Nesta obra son as follas de diferentes árbores as que nos van guiando páxina tras páxina.
Un libro que explica cómo funcionan os nenos, por que fan o que fan, en definitiva, unha espléndida guía de comportamento infantil con consellos e observacións ben documentadas baseadas no amor e no respecto ás emocións.

O CASCABEL DA GATA. OQO EDITORA
A gata Benita anda a procura do cascabel que perdeu non vaia ser que por ese despiste quede sen sardiñas
OS TRES PORQUIÑOS. OQO                TRES OSOS. OQO
Como sabedes, este curso, estivemos a traballar sobre o bosque e non podíamos deixar de recomendar dúas versións destes contos clásicos que suceden no bosque e que sempre gustan aos pequenos.

COLECCIÓN “ME GUSTA…” ED. EDELVIVES
Unha variada colección coa que os/as nenas disfrutaran, sobre todo coa sinxeleza das imaxes e cos pequenos detalles



O EQUIPO DA BIBLIOTECA DESEXA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA FELIZ VERÁN.