Páginas

viernes, 29 de octubre de 2021

LECTURAS PARA O SAMAÍN

Recanto de recomendacións para as aulas de parte do Comeletras para estes días tan terroríficos, para facelos aínda máis terroríficos...

 

jueves, 21 de octubre de 2021

COMEZA O CURSO NA BIBLIOTECA


 

DIAS DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

   Iniciamos a actividade das "Mochilas viaxeiras" para  conmemorar o  día das Bibliotecas Escolares xunto a Comeletras, a mascota da biblioteca.

   Estas mochilas viaxarán as vosa casa calquer VENRES do curso y estará convosco hasta o seguinte MÉRCORES, día en que terá que vir sen falta de volta para o colexio, para que queden en corentena e poida levala   outro neno/a  o seguinte venres.

   O obxectivo das mochilas é compartir as lecturas en familia.
 
   Ler en familia é unha actividade que podemos facer moi divertida e que encima axuda a estreitar lazos entre pais/nais e fillos/as  ademáis de promover o vocabulario dos rapaces, estimular a  fala , mellorar a súa expresión, atención e concentración, desenrolar a curiosidade, a imaxinación e a creatividade, etc. En definitiva,  facilita o proceso de aprendizaxe, a súa formación intelectual, social e emocional. De ahí a importancia de adquirir o hábito lector desde idades temperás.

   Esperamos que esta actividade vos faciliten as lecturas diarias cos vosos fillos e fillas, e vos faga disfrutar deles e delas, ésa é a nosa intención. Xa nos contaredes a vosa experiencia no caderno de suxestións que vai dentro da mochila.

   Moitas grazas por paticipar.


 

miércoles, 20 de octubre de 2021

SALUDO DE COMELETRAS


    A mascota de comeletras davos a benvida a Biblioteca do cole. Está moi contento porque pronto vos verá por alí entre todos os contos, que como sabedes a él tamén lle gostan moito, sobre todo as letras dos contos, Ummm como lle gustan...

    Este curso vai estar sempre pola biblioteca esperando a ver si vos pode comer algunha letra dos vosos contos. Tende coidado!!