Páginas

Mostrando entradas con la etiqueta lecturas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta lecturas. Mostrar todas las entradas

jueves, 8 de noviembre de 2018

RECUNCHO POÉTICO

Seguindo o lema das Bibliotecas Escolares para este curso, xa temos instalado na biblioteca do centro un pequeno  pero destacado espazo para a poesía. Ademais continuamos, coma o curso pasado, a actividade “unha poesía cada día”  durante as sesións de animación.

jueves, 25 de octubre de 2018

MERGULLÁNDONOS NAS LECTURAS

O 24 de outubro celebrase o días das Bibliotecas escolares. Con este motivo as MOCHILAS VIAXEIRAS inician o seu percorrido polas vosas casas. Este ano aparecen mergulladas no fondo do noso mar coma  un tesouro 
 Un mar polo que navegaremos durante todo este curso. Desexamos que disfrutedes.




lunes, 23 de abril de 2018

NOS TAMÉN LEMOS... NA CASA!!


E para conmemorar o día do libro, nada mellor que as imaxes daqueles nenos e nenas que de xeito voluntario trouxeron da casa o seu libro favorito para amosarnolo.




jueves, 15 de marzo de 2018

"CONTOS NAS ORELLAS"

Nesta semana, por cortesía do Concello de Pontevedra, tivemos os obradoiros "Contos nas orellas" coa finalidade de fomentar a lingua galega a través das historias e da música. Estiveron impartidas por Migallas. 

miércoles, 17 de enero de 2018

ELES TAMÉN LEN


Aproveitando a campaña que estamos a levar desde a bibioteca "12 contos 12 mestres" tamén quixeron participar nela o Alcalde de Pontevedra e a Concelleira de educación para dicirnos canto  lles gusta ler contos.
Moitas grazas!!

miércoles, 22 de noviembre de 2017

12 MESTRES - 12 CONTOS


Neste curso escolar desde a Biblioteca imos iniciar unha nova campaña de recomendacións lectoras cunha serie de pequenos vídeos de cada profe acosellando un conto, para que dende as vosas casas poidades completar a biblioteca familiar con títulos de calidade seleccionados para os vosos nenos/as. 
A campaña ten por título "12 mestres-12 contos", recordando unha moi coñecida.

Será unha iniciativa moi interesante para os vosos fillos/as. Non perdades a ocasión...

En breve publicaremos o primeiro vídeo coa primeira recomendación, e así continuaremos ao longo do curso.

Ah, e a ver se recoñecedes onde se atopan as profes!!

viernes, 16 de junio de 2017

AVENTURAS AO SOL


Estas son as recomendacións lectoras que vos facemos para este verán, como última actividade do curso escolar. Así que, felices lecturas e mellor verán... A disfrutar de novas aventuras!!!