Páginas

sábado, 27 de abril de 2024

DIA DO LIBRO

Nada mellor que celebrar o día do libro cunha sesión de títeres dun dos contos traballados nas aulas: "A Galiña Kika"



viernes, 19 de abril de 2024

"MEDRANDO ENTRE HISTORIAS"

 “Esta vila transita polas miñas veas”, confesou este xoves Fina Casalderrey na inauguración da exposición “Medrando entre historias” que homenaxea e relata a historia da escritora pontevedresa máis recoñecida internacionalmente. Esta fixo da presentación da mostra unha declaración de amor á súa cidade, onde “as pedras teñen alma” e onde “todas as cousas que se fan fanche cóxegas por dentro”.

María Lado encabezou a primeira visita guiada a "Fina Casalderrey. Medrando entre historias", que poderá visitarse ata o vindeiro 20 de maio.

María Lado encabezou a primeira visita guiada a "Fina Casalderrey. Medrando entre historias", que poderá visitarse ata o vindeiro 20 de maio. / GUSTAVO SANTOS

O alcalde, Miguel Fernández Lores, Fina Casalderrey, o presidente de Gálix, David Cortizo, e María Lado, autora dos textos da mostra.

O alcalde, Miguel Fernández Lores, Fina Casalderrey, o presidente de Gálix, David Cortizo, e María Lado, autora dos textos da mostra. / GUSTAVO SANTOS


martes, 9 de abril de 2024

PDI 2º TRIMESTRE


 

¡¡OLLO, MOITA ATENCIÓN!!

Comeletras xogou connosco durante o segundo trimestre. Como estivemos pintando e pintando, el tamén quixo participar xogando connosco ao escondite coas súas pinturas. Ás veces custábanos atopalo entre tantos...