Páginas

viernes, 19 de abril de 2024

"MEDRANDO ENTRE HISTORIAS"

 “Esta vila transita polas miñas veas”, confesou este xoves Fina Casalderrey na inauguración da exposición “Medrando entre historias” que homenaxea e relata a historia da escritora pontevedresa máis recoñecida internacionalmente. Esta fixo da presentación da mostra unha declaración de amor á súa cidade, onde “as pedras teñen alma” e onde “todas as cousas que se fan fanche cóxegas por dentro”.

María Lado encabezou a primeira visita guiada a "Fina Casalderrey. Medrando entre historias", que poderá visitarse ata o vindeiro 20 de maio.

María Lado encabezou a primeira visita guiada a "Fina Casalderrey. Medrando entre historias", que poderá visitarse ata o vindeiro 20 de maio. / GUSTAVO SANTOS

O alcalde, Miguel Fernández Lores, Fina Casalderrey, o presidente de Gálix, David Cortizo, e María Lado, autora dos textos da mostra.

O alcalde, Miguel Fernández Lores, Fina Casalderrey, o presidente de Gálix, David Cortizo, e María Lado, autora dos textos da mostra. / GUSTAVO SANTOS


No hay comentarios:

Publicar un comentario