Páginas

domingo, 23 de mayo de 2021

UNHA CAIXA E UN CONTO...


     Polo día do Libro apareceu en cada clase unha caixa de cartón e un conto titulado "Una Caja".
     Non sabiamos que facer coa caixa. Co conto sí: a profe seguro que no lo ía contar, e así foi; e cando no lo conta xa empezamos a enterder que iamos ter que imaxinar que cousas se podían facer cunha caixa.
     Así que puxemos a nosa imaxinación en funcionamento e, saíron tantas cousas que tivemos que tomar acordos entre os da clase para entre todos dicidirnos por unha.
     Empezamos  a artellar "en segredo" o que decidíramos facer, para que ninguha outra clase o soubera. Eso sí, gravamos un vídeo para contarvos como o fixeramos.
     Ao final, fixemos unha exposición con todas as "caixas" e fixemos quendas para ir visitala. Encantounos!
     Agora, familias, estades invitados a visitala pero de xeito virtual.             Esperamos que vos guste tanto como a nós.



Aquí abaixo tedes os vídeos explicativos de cada aula:









¿QUE TRABALLAMOS CON ESTA ACTIVIDADE?:
Traballamos a atención, a imaxinación, a creatividade, a colaboración en equipo, a toma de decisións conxunta, a respectar as ideas dos demáis, os aspectos matemáticos (houbo que medir, que contar, que comparar tamaños, forma,  etc.) a expresión plástica (pintamos, recortamos, pegamos, picamos...), a expresión oral (aprendimos palabras novas para ampliar vocabulario, a inventarnos historias, ...), entrenamos a psicomotricidade fina, etc.
Pero sobretodo, a VALORAR E RESPECTAR AS IDEAS E TRABALLOS DOS DEMÁIS.

Unha actividade moi completa e motivadora.

¿EXISTE MELLOR XOGUETE QUE A NOSA IMAXINACIÓN?










jueves, 20 de mayo de 2021

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

                     NA PRIMAVERA TODO É DE COLOR

 Fermoso libro con páxinas despregables.

Autor: Pascale Estellon 

Ed. Maeva Young





TRABALLAMOS A ANTICIPACIÓN E AS SECUENCIAS TEMPORAIS


 Autor:Jean Jullien

Ed. Combel



LEO LIONNI

 Grandes autores que sempre son boas recomendacións



CONTOS AO SOL


 Conmenzamos coas lecturas ao sol como cada ano. Os primeiros en disfrutarlas foron os mais pequenos...

miércoles, 12 de mayo de 2021

NAIS

Reivindicamos ás nais imperfectas. Esas que poden ter un mal día pero que tamén saben recoñecer os seus erros.