Páginas

domingo, 23 de mayo de 2021

UNHA CAIXA E UN CONTO...


     Polo día do Libro apareceu en cada clase unha caixa de cartón e un conto titulado "Una Caja".
     Non sabiamos que facer coa caixa. Co conto sí: a profe seguro que no lo ía contar, e así foi; e cando no lo conta xa empezamos a enterder que iamos ter que imaxinar que cousas se podían facer cunha caixa.
     Así que puxemos a nosa imaxinación en funcionamento e, saíron tantas cousas que tivemos que tomar acordos entre os da clase para entre todos dicidirnos por unha.
     Empezamos  a artellar "en segredo" o que decidíramos facer, para que ninguha outra clase o soubera. Eso sí, gravamos un vídeo para contarvos como o fixeramos.
     Ao final, fixemos unha exposición con todas as "caixas" e fixemos quendas para ir visitala. Encantounos!
     Agora, familias, estades invitados a visitala pero de xeito virtual.             Esperamos que vos guste tanto como a nós.



Aquí abaixo tedes os vídeos explicativos de cada aula:









¿QUE TRABALLAMOS CON ESTA ACTIVIDADE?:
Traballamos a atención, a imaxinación, a creatividade, a colaboración en equipo, a toma de decisións conxunta, a respectar as ideas dos demáis, os aspectos matemáticos (houbo que medir, que contar, que comparar tamaños, forma,  etc.) a expresión plástica (pintamos, recortamos, pegamos, picamos...), a expresión oral (aprendimos palabras novas para ampliar vocabulario, a inventarnos historias, ...), entrenamos a psicomotricidade fina, etc.
Pero sobretodo, a VALORAR E RESPECTAR AS IDEAS E TRABALLOS DOS DEMÁIS.

Unha actividade moi completa e motivadora.

¿EXISTE MELLOR XOGUETE QUE A NOSA IMAXINACIÓN?










No hay comentarios:

Publicar un comentario