Páginas

lunes, 31 de diciembre de 2012

jueves, 20 de diciembre de 2012

Bo Nadal

Dende o equipo da biblioteca querémosvos desexar unhas Felices Festas do Nadal. 

Vémonos o ano que ven con máis novidades.

domingo, 16 de diciembre de 2012

NESTE NADAL, UN AGASALLO... UN CONTO!

RECOMENDACIÓNS DO EQUIPO DA BIBLIOTECA PARA ESTE NADAL

MOCHILAS VIAXEIRAS

Co gallo do día das bibliotecas escolares que se celebrou o 24 de outubro,  puxemos en marcha a MOCHILA VIAXEIRA un curso mais coa intención de achegar aos nosos alumnos/as á lectura e ao gusto polos contos. Nela levarán unha chea de aventuras, música, momentos para compartir cos vosos fillos e tamén lecturas para as familias que vos farán pensar e gozar.

Hai unha mochila por aula, e a quen lle corresponda levara a mochila o venres para casa e o mércores deberá estar de volta sen falta para que estea lista de novo o venres para o seguinte compañeiro/a.

Por ser un material de uso común é preciso que todos o coidemos para que chegue en boas condicións ao final da súa viaxe. Cada familia é responsable do contido da mochila e terá que repoñer aquel material que se perda ou deteriore.
¡¡FELICES LECTURAS!!