Páginas

domingo, 16 de diciembre de 2012

MOCHILAS VIAXEIRAS

Co gallo do día das bibliotecas escolares que se celebrou o 24 de outubro,  puxemos en marcha a MOCHILA VIAXEIRA un curso mais coa intención de achegar aos nosos alumnos/as á lectura e ao gusto polos contos. Nela levarán unha chea de aventuras, música, momentos para compartir cos vosos fillos e tamén lecturas para as familias que vos farán pensar e gozar.

Hai unha mochila por aula, e a quen lle corresponda levara a mochila o venres para casa e o mércores deberá estar de volta sen falta para que estea lista de novo o venres para o seguinte compañeiro/a.

Por ser un material de uso común é preciso que todos o coidemos para que chegue en boas condicións ao final da súa viaxe. Cada familia é responsable do contido da mochila e terá que repoñer aquel material que se perda ou deteriore.
¡¡FELICES LECTURAS!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario