Páginas

jueves, 25 de junio de 2026

GUÍA DE LECTURA DE VERÁN



 Deixamos por aquí algunhas suxerencias de lectura e aproveitamos para desexarvos un 


FELIZ VERÁN

lunes, 27 de abril de 2026

SEMANA DO LIBRO

Tivemos unha semana intensa de traballo e celebracións.
Escribimos frases sobre lectura para decorar as escaleiras de entrada e falamos moito sobre o que significaban.
Tivemos a colaboración das familias que nos achegaron fotos do alumnado na casa en momentos de lectura e con elas fixemos murais que decoraron a entrada do noso porche. Que ilusión lles fixo buscarse e atoparse!.
Por último,  como non podía ser doutro xeito, a responsable da biblioteca contou para todos "Un lobito muy educado".



RECORDANDO LECTURAS

 Antes de celebrar a Semana do Libro estivemos recordando algunhas das lecturas deste curso. Compuxemos o puzzle das portadas, recordamos os seus títulos e argumentos



NA BIBLIO TAMÉN SE XOGA

Xogando tamén se aprende e por iso, na biblio, tamén temos momentos para facelo



martes, 7 de abril de 2026

Día da Poesía

 Para conmemorar o Día da Poesía,
todo o alumnado preparou nas sesións de mediación lectora e nas súas clases unha poesía que logo recitaron aos seus compañeiros.

Deixamos unha pequena mostra dese día.


Libros ao sol

 Comezamos coa actividade "Libros ao sol" nos recreos dos venres. 

Ademais este curso estreamos un novo espazo máis cómodo con mesas para a lectura


lunes, 15 de diciembre de 2025

RECOMENDACIÓNS


 Comeletras aproveita sempre as datas sinaladas para facer recomendacións de lecturas 


GUÍA DE LECTURA NADAL 2025

Como cada Nadal, Comeletras quere recordar aos Reis Magos e Papa Noel  que un conto sempre é un bo agasallo.

Para axudarlles a escoller, elaborou esta pequena guía con algunhas recomendacións.




sábado, 25 de octubre de 2025

ILUSTRAMOS POESÍAS


Os/as alumnos/as de 5º e 6º de infantil xogaron a ser ilustradores tomando como a base a poesía "Mi monigote" de Nilda Zamataro.

Na imaxe podemos ver algúns dos resultados


MOCHILAS VIAXEIRAS

Comeletras hoxe voltou facer das súas e deixou as Mochilas Viaxeiras  nas aulas para que comecen a viaxar ás casas.

É a súa forma de celebrar o Día das Bibliotecas.

Desexamos a todas as familias que gocen das lecturas




DÍA DAS BIBLIOTECAS


 Hoxe, 24 de Outubro, celebramos o Dia das Bibliotecas. Aínda que xa hai uns días a nosa biblioteca comezou a funcionar coas sesións de mediación lectora e as recomendacións de lecturas para o noso PDI anual, celebramos un día tan especial poñendo en ruta as Mochilas Viaxeiras


lunes, 16 de junio de 2025

CONTADA NO XARDÍN DA UNED

Hoxe o alumnado do cole asistiu a unha contada a cargo de Raquel Queizás co título " Raposadas".

Gozaron moito dos contos e dun entorno espectacular.

Damos así por rematado o PDI anual "A Fraga"




miércoles, 4 de junio de 2025

CONTOS POLA IGUALDADE


Coa colaboración do Concello, Raquel Queizás ofreceunos unha contada chamada "Dámoslle a volta ao conto" con novas versións para loitar contra os estereotipos de xénero.


martes, 27 de mayo de 2025

SAÍDA FINAL DO PROXECTO

VISITA A APÍPOLIS

O 14 de maio todo o alumnado do centro, como remate do proxecto anual, visitou a granxa Apípolis para reforzar todo o que aprendera sobre as abellas neste terceiro trimestre do curso




HOTEL PARA BICHOS


Dentro das actividades relacionadas co proxecto  que andivemos a investigar neste timestre, o alumnado de 6º de infantil participou na elaboracion dun hotel para insectos cos monitores da empresa Feito e a colaboración do Concello.

Este hotel quedará instalado no patio da escola para continuar aprendendo e observando


sábado, 26 de abril de 2025

PDI: Os bichos

Continuamos coa parte documental do proxecto deste trimestre recibindo unhas charlas moi interesantes sobre bichos da man de Terrarium.

O alumnado tivo a oportunidade de aprender moito sobre o tema pero tamén de tocar varias especies destes animaliños tan interesantes



En breve poderedes ver máis fotos desta xornada no instagram da escola

DÍA DO LIBRO

No día do libro houbo lecturas compartidas e pequenas dramatizacións entre o alumnado de diferentes aulas




CONTOS AO SOL

Como todas as primaveras no recreo temos a oportunidade de ter momentos para a lectura



 

jueves, 3 de abril de 2025

DÍA DA ÁRBORE E DA POESÍA

O 21 de marzo celebramos o Día da Árbore e da Poesía aprendendo, recitando e colgando nunha árbore do noso patio poesías ilustradas con técnicas diferentes e con temática relacionada co PDI.

E tamén plantamos un magnolio comprometéndonos a coidalo e respectalo cando saiamos ao patio