Páginas

jueves, 9 de octubre de 2014

A BIBLIOTECA

Ola a todos e a todas!
Estamos moi atarefados na biblioteca do colexio entre moitos contos... comprando, ordenando, catalagando, etc para que neste curso teñades moitas mais historias que coñecer. Non pensedes que comeletras se esqueceu de vós, o que pasa que entre tantas letras non da feito, pero ten moitas ganas de volver a veros polo seu lugar favorito, a biblioteca!!
Esperade un chisquiño mais e xa empezará con sorpresas.

miércoles, 4 de junio de 2014

FINA CASALDERREY VISITA "O SEU" COLEXIO

Recibimos a tan esperada visita de Fina Casalderrey, quen agasallou ao alumnado coas súas historias e contos, a súa vez eles corresponderonlle con bailes e cancións.
Foi unha xornada de nervios e emocións para os mais pequerrechos.

Ningúén mellor ca ela para inaugurar a exposición "O museo na escola" que ten como artistas ao alumnado do noso colexio.

martes, 8 de abril de 2014

O DÍA DO LIBRO NO NOSO COLE.


Mark e Olalla pasaron polo noso colexio para deleitarnos cos seus contos e ilustracións en diferentes sesións da mañá, enmarcando esta actividade dentro do proxento "A Pintura".
Deste xeito celebramos o día do libro.

jueves, 20 de febrero de 2014

AGASALLO DE COMELETRAS

...e como o prometido é deuda, Comeletras agasallounos con esta rica piruleta aos que trouxemos contos de amor e amizade para o recanto do amor.
Mmmmmm... estaba moi rica.

jueves, 13 de febrero de 2014

A SEMANA DO AMOR



















Este é o RECANTO DO AMOR do 

noso cole onde se poden atopar 

moitas historias de amor.

Deste xeito conmemoramos o día de 

San Valentín. 

A Comeletras gústanlle moito as 

historias que trouxestes da casa e 

vaivos agasallar cunha lambetada...