Páginas

lunes, 15 de junio de 2015

ROMERÍA POPULAR

Para rematar o proxecto "Eu vivo aquí" e a actividade do presente curso escolar, celebramos unha romeria na que participamos nun circuito con diferentes xogos populares organizados por Anias (xestión e animación sociocultural), bailamos ao son de "Os gaiteiros da Rías Baixas" que nos acompañaron durante as actividades e comemos melindres coma en toda boa romería popular se precie.
Deixámosvos unha mostra fotográfica desta xornada, na que tanto disfrutamos, non sin antes agradecer a todas aquela persoas que colaboraron para que esto se levara a cabo neste entorno tan axeitado como é o Mirador de Monte Porreiro.Moitas grazas. 

lunes, 25 de mayo de 2015

UN NOVO RECANTO DE LECTURA



Un novo recanto de lectura saiu de portas a fora da biblioteca para ese anaquiño de tempo de espera das familias ou de calquer outra persoa que non podamos atender de inmediato.  Esperamos que vos guste e que o disfrutedes. 
Felices lecturas!!

sábado, 9 de mayo de 2015

RECEITANDO CONTOS!!



Como deferencia do Concello de Pontevedra, esta semana tivemos sesións de contacontos para o alumnado de 5º e 6º.
Convertímonos tod@s en cociñeiros/as por un instante.
E cociñando, cociñando... desa gran pota saiu Elmer o elefante.
E cociñando, cociñando tamén saiu A cebra Camila.
Canta maxia!!
Noraboa cociñeiros/as. Fixestelo moi ben.







domingo, 19 de abril de 2015

COMELETRAS

Comenza a semana de celebración do día do libro, e o noso Comeletras particular está moi contento. mmmm cantas letras ricas, ricas...