Páginas

miércoles, 22 de noviembre de 2017

12 MESTRES - 12 CONTOS


Neste curso escolar desde a Biblioteca imos iniciar unha nova campaña de recomendacións lectoras cunha serie de pequenos vídeos de cada profe acosellando un conto, para que dende as vosas casas poidades completar a biblioteca familiar con títulos de calidade seleccionados para os vosos nenos/as. 
A campaña ten por título "12 mestres-12 contos", recordando unha moi coñecida.

Será unha iniciativa moi interesante para os vosos fillos/as. Non perdades a ocasión...

En breve publicaremos o primeiro vídeo coa primeira recomendación, e así continuaremos ao longo do curso.

Ah, e a ver se recoñecedes onde se atopan as profes!!

lunes, 30 de octubre de 2017

SEMANA DO MEDO

Neste colexio algo está pasando... bruxas, morcegos, pantasmas, esqueletes... e contos de medo na biblioteca








BIBLIOTECAS ESCOLARES

Un curso mais foinos concedida a continuidade no Plan de Bibliotecas Escolares, o que supón unha asignación para a renovación e actualización de fondos da biblioteca.

martes, 24 de octubre de 2017

COMEZAN AS AVENTURAS...


Como vedes as mochilas viaxeiras están preparadas para volver de novo as vosas casas para que disfrutedes en familia de moitas aventuras (de lobos, de princesas, polo día, pola noite, etc).


viernes, 16 de junio de 2017

AVENTURAS AO SOL


Estas son as recomendacións lectoras que vos facemos para este verán, como última actividade do curso escolar. Así que, felices lecturas e mellor verán... A disfrutar de novas aventuras!!!


viernes, 2 de junio de 2017

EXPERIMENTOS NA ESCOLA



Aquí vos deixamos unha moi pequeniña mostra dos experimentos que levamos a cabo durante este curso no que traballamos o proxecto "Somos Científicos".