Páginas

viernes, 19 de enero de 2024

A VOLTAS COA MÚSICA!!


Antigo alumnado do cole viñeron deleitarnos coa música dos seus instrumentos.

Acompañados polo profe Rafa, tamén nos entretiveron cun conto musicado. 

Quedamos moi agradecidos por ofrecernos tanto.



viernes, 15 de diciembre de 2023

VISITA MUSICAL


Tivemos a gran sorte de contar coa visita totalmente desinteresada de profes do Conservatorio de música de Pontevedra, que viñeron ensinar algúns instrumentos musicais, as súas características e como sonaban.
Temos que darlle as grazas a Isidro, Jose P., David, Jose L. e a Antonio polo ben que nolo fixeron pasar.
Estivemos moi, pero que moi atentos/as e aprendimos moitas cousas.
 Aquí unha mostra.





martes, 12 de diciembre de 2023

"El carnaval de los animales"




 O alumnado de 5º e 6º de infantil, está a traballar a obra musical "El carnaval de los animales" de Saint-Saëns.

Para acompañar a audición e disfrutala mellor acompañámonos do texto literario creado por José Abad para Kalandraka edicións.