Os/as alumnos/as de 5º e 6º de infantil xogaron a ser ilustradores tomando como a base a poesía "Mi monigote" de Nilda Zamataro.
Na imaxe podemos ver algúns dos resultados
A única intención deste blog é ir facendo recomendacións de contos para o alumnado de Educación Infantil. Tamén mostraremos exemplos dalgunhas actividades levadas a cabo dende a nosa pequena pero activa biblioteca.
Os/as alumnos/as de 5º e 6º de infantil xogaron a ser ilustradores tomando como a base a poesía "Mi monigote" de Nilda Zamataro.
Na imaxe podemos ver algúns dos resultados
Hoxe, 24 de Outubro, celebramos o Dia das Bibliotecas. Aínda que xa hai uns días a nosa biblioteca comezou a funcionar coas sesións de mediación lectora e as recomendacións de lecturas para o noso PDI anual, celebramos un día tan especial poñendo en ruta as Mochilas Viaxeiras
Hoxe o alumnado do cole asistiu a unha contada a cargo de Raquel Queizás co título " Raposadas".
Gozaron moito dos contos e dun entorno espectacular.
Damos así por rematado o PDI anual "A Fraga"
Coa colaboración do Concello, Raquel Queizás ofreceunos unha contada chamada "Dámoslle a volta ao conto" con novas versións para loitar contra os estereotipos de xénero.
VISITA A APÍPOLIS
O 14 de maio todo o alumnado do centro, como remate do proxecto anual, visitou a granxa Apípolis para reforzar todo o que aprendera sobre as abellas neste terceiro trimestre do curso
Dentro das actividades relacionadas co proxecto que andivemos a investigar neste timestre, o alumnado de 6º de infantil participou na elaboracion dun hotel para insectos cos monitores da empresa Feito e a colaboración do Concello.
Este hotel quedará instalado no patio da escola para continuar aprendendo e observando