Páginas

viernes, 24 de octubre de 2014

O DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

Hoxe 24 de Outubro  celebramos o dia das bibliotecas escolares botando a andar as mochilas viaxeiras. Esperamos que disfrutedes delas en familia. Un saúdo

jueves, 16 de octubre de 2014

SORPRESAS DE OUTONO


Esta semana comeletras deixounos unha sorpresa na clase para anunciar que axiña chegaran as mochilas viaxeiras

Tamén non dicía que tiña ganas de vernos e que pronto, moi pronto estará connosco

jueves, 9 de octubre de 2014

A BIBLIOTECA

Ola a todos e a todas!
Estamos moi atarefados na biblioteca do colexio entre moitos contos... comprando, ordenando, catalagando, etc para que neste curso teñades moitas mais historias que coñecer. Non pensedes que comeletras se esqueceu de vós, o que pasa que entre tantas letras non da feito, pero ten moitas ganas de volver a veros polo seu lugar favorito, a biblioteca!!
Esperade un chisquiño mais e xa empezará con sorpresas.

miércoles, 4 de junio de 2014

FINA CASALDERREY VISITA "O SEU" COLEXIO

Recibimos a tan esperada visita de Fina Casalderrey, quen agasallou ao alumnado coas súas historias e contos, a súa vez eles corresponderonlle con bailes e cancións.
Foi unha xornada de nervios e emocións para os mais pequerrechos.

Ningúén mellor ca ela para inaugurar a exposición "O museo na escola" que ten como artistas ao alumnado do noso colexio.

martes, 8 de abril de 2014

O DÍA DO LIBRO NO NOSO COLE.


Mark e Olalla pasaron polo noso colexio para deleitarnos cos seus contos e ilustracións en diferentes sesións da mañá, enmarcando esta actividade dentro do proxento "A Pintura".
Deste xeito celebramos o día do libro.

jueves, 20 de febrero de 2014

AGASALLO DE COMELETRAS

...e como o prometido é deuda, Comeletras agasallounos con esta rica piruleta aos que trouxemos contos de amor e amizade para o recanto do amor.
Mmmmmm... estaba moi rica.