A única intención deste blog é ir facendo recomendacións de contos para o alumnado de Educación Infantil. Tamén mostraremos exemplos dalgunhas actividades levadas a cabo dende a nosa pequena pero activa biblioteca.
sábado, 28 de noviembre de 2020
miércoles, 11 de noviembre de 2020
INICIAMOS PROXECTO: ASÍ SON EU
Con este libro imos iniciar o proxecto
anual "así son eu" que nos vai levar ao
longo de curso a dar un percorrido desde
o nacemento ata coñecer mellor aos membros da nosa familia e finalmente a compartir cos amigos/as. E todo isto incidindo nos aspecto emocionais
domingo, 25 de octubre de 2020
TÍTULOS PARA O SAMAÍN
Pica no título e poderás ver e escoitar os contos
viernes, 23 de octubre de 2020
DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES: INAUGURAMOS....
Con motivo do día das Bibliotecas Escolares, este ano de pandemia faise difícil celebralo como de costumbre poñendo en marcha as mochilas viaxeiras, motivo polo cal imos deixalas aparcadas neste curso. Pero non podemos deixar pasar por alto esta conmemoración, así que fixémolo inaugurando un espazo de biblioteca en cada aula, onde se poderá disfrutar de tantas e tantas aventuras que sempre nos traen e que tanto nos emocionan.
Ahí vos queda unha mostra fotográfica deste día de inauguración.
Esperamos que as disfruten moito!!
jueves, 22 de octubre de 2020
HASTA QUE PODAMOS ABRAZARNOS
Con todas as
dificultades, a nosa biblioteca continúa a traballar.
Ofrecemos ás aulas este fermoso conto que nos presenta diferentes formas de demostrar os afectos nesta época na que non é conveniente tocarse.
Excelente ferramenta para axudar aos nenos/as a
entender e adaptarse a esta nova situación na que
nos toca vivir.









