Páginas

viernes, 8 de febrero de 2013

Felicitacións a Fina.








A Comunidade Educativa da nosa escola, congratúlase do teu nomeamento como numeraria da Real Academia Galega, e non podemos deixar de felicitarte da mellor maneira e do xeito mais sinxelo e fermoso que temos ao noso alcance.

Agardamos a toma de posesión do teu novo cargo.
Noraboa.

Fina Casalderrey, académica da RAG

lunes, 31 de diciembre de 2012

jueves, 20 de diciembre de 2012

Bo Nadal

Dende o equipo da biblioteca querémosvos desexar unhas Felices Festas do Nadal. 

Vémonos o ano que ven con máis novidades.

domingo, 16 de diciembre de 2012

NESTE NADAL, UN AGASALLO... UN CONTO!

RECOMENDACIÓNS DO EQUIPO DA BIBLIOTECA PARA ESTE NADAL

MOCHILAS VIAXEIRAS

Co gallo do día das bibliotecas escolares que se celebrou o 24 de outubro,  puxemos en marcha a MOCHILA VIAXEIRA un curso mais coa intención de achegar aos nosos alumnos/as á lectura e ao gusto polos contos. Nela levarán unha chea de aventuras, música, momentos para compartir cos vosos fillos e tamén lecturas para as familias que vos farán pensar e gozar.

Hai unha mochila por aula, e a quen lle corresponda levara a mochila o venres para casa e o mércores deberá estar de volta sen falta para que estea lista de novo o venres para o seguinte compañeiro/a.

Por ser un material de uso común é preciso que todos o coidemos para que chegue en boas condicións ao final da súa viaxe. Cada familia é responsable do contido da mochila e terá que repoñer aquel material que se perda ou deteriore.
¡¡FELICES LECTURAS!!

sábado, 22 de septiembre de 2012

Benvidos ao novo curso escolar 2012/13

Ola!. Xa empezou outro novo curso, e esperamos que pasarades un vran moi divertido e agora empecedes con moitas ganas, porque  Mon O Comeletras está preparando todo para que tamén teñades un curso divertido na biblioteca do Cole.
Cando teña todo preparado, xa vos iremos contando... ¡estade atentos, pois seguro que nos dará algunha sorpresa!