| Pica no seguinte enlace e informaraste do protocolo covid que seguimos para usar a biblioteca: https://www.dropbox.com/s/8zaggfnomu1of3a/Protocolo%20uso%20da%20biblioteca.pdf?dl=0 |
A única intención deste blog é ir facendo recomendacións de contos para o alumnado de Educación Infantil. Tamén mostraremos exemplos dalgunhas actividades levadas a cabo dende a nosa pequena pero activa biblioteca.
martes, 19 de octubre de 2021
PROTOCOLO PARA O USO DA BIBLIOTECA
lunes, 28 de junio de 2021
GÚÍA DE LECTURAS PARA O VERÁN
E con estas recomendacións lectoras, despedimos o curso escolar 20/21 e desexamos un feliz verán a todas as familias da EEI. Fina Casalderrey.
domingo, 23 de mayo de 2021
UNHA CAIXA E UN CONTO...
Polo día do Libro apareceu en cada clase unha caixa de cartón e un conto titulado "Una Caja".
Non sabiamos que facer coa caixa. Co conto sí: a profe seguro que no lo ía contar, e así foi; e cando no lo conta xa empezamos a enterder que iamos ter que imaxinar que cousas se podían facer cunha caixa.
Así que puxemos a nosa imaxinación en funcionamento e, saíron tantas cousas que tivemos que tomar acordos entre os da clase para entre todos dicidirnos por unha.
Empezamos a artellar "en segredo" o que decidíramos facer, para que ninguha outra clase o soubera. Eso sí, gravamos un vídeo para contarvos como o fixeramos.
Ao final, fixemos unha exposición con todas as "caixas" e fixemos quendas para ir visitala. Encantounos!
Agora, familias, estades invitados a visitala pero de xeito virtual. Esperamos que vos guste tanto como a nós.
Aquí abaixo tedes os vídeos explicativos de cada aula:
¿QUE TRABALLAMOS CON ESTA ACTIVIDADE?:
Traballamos a atención, a imaxinación, a creatividade, a colaboración en equipo, a toma de decisións conxunta, a respectar as ideas dos demáis, os aspectos matemáticos (houbo que medir, que contar, que comparar tamaños, forma, etc.) a expresión plástica (pintamos, recortamos, pegamos, picamos...), a expresión oral (aprendimos palabras novas para ampliar vocabulario, a inventarnos historias, ...), entrenamos a psicomotricidade fina, etc.
Pero sobretodo, a VALORAR E RESPECTAR AS IDEAS E TRABALLOS DOS DEMÁIS.
Unha actividade moi completa e motivadora.
¿EXISTE MELLOR XOGUETE QUE A NOSA IMAXINACIÓN?
jueves, 20 de mayo de 2021
RECOMENDACIÓNS LECTORAS
CONTOS AO SOL
Conmenzamos coas lecturas ao sol como cada ano. Os primeiros en disfrutarlas foron os mais pequenos...
miércoles, 12 de mayo de 2021
NAIS
viernes, 23 de abril de 2021
DIA DO LIBRO: UNHA CAIXA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





