Páginas

viernes, 19 de abril de 2024

"MEDRANDO ENTRE HISTORIAS"

 “Esta vila transita polas miñas veas”, confesou este xoves Fina Casalderrey na inauguración da exposición “Medrando entre historias” que homenaxea e relata a historia da escritora pontevedresa máis recoñecida internacionalmente. Esta fixo da presentación da mostra unha declaración de amor á súa cidade, onde “as pedras teñen alma” e onde “todas as cousas que se fan fanche cóxegas por dentro”.

María Lado encabezou a primeira visita guiada a "Fina Casalderrey. Medrando entre historias", que poderá visitarse ata o vindeiro 20 de maio.

María Lado encabezou a primeira visita guiada a "Fina Casalderrey. Medrando entre historias", que poderá visitarse ata o vindeiro 20 de maio. / GUSTAVO SANTOS

O alcalde, Miguel Fernández Lores, Fina Casalderrey, o presidente de Gálix, David Cortizo, e María Lado, autora dos textos da mostra.

O alcalde, Miguel Fernández Lores, Fina Casalderrey, o presidente de Gálix, David Cortizo, e María Lado, autora dos textos da mostra. / GUSTAVO SANTOS


martes, 9 de abril de 2024

PDI 2º TRIMESTRE


 

¡¡OLLO, MOITA ATENCIÓN!!

Comeletras xogou connosco durante o segundo trimestre. Como estivemos pintando e pintando, el tamén quixo participar xogando connosco ao escondite coas súas pinturas. Ás veces custábanos atopalo entre tantos...

 


viernes, 8 de marzo de 2024

8M

Celebrando o  DÍA INTERNACIONAL DA MULLER na biblioteca, en gran grupo, coa lectura do conto "O libro dos Porcos" co que fixemos moitas e grandes reflexións.


 

lunes, 19 de febrero de 2024

ENTROIDO







 Este curso celebramos un Entroido moi musical, como ben podedes ver...

Desfilamos, merendamos e bailamos..., e tamén nos fotografiamos no Photocoll tan chulo que tiñamos para a ocasión, obra da nosa ANPA, á que lles estamos moi agradecidas polo seu traballo.