Páginas

lunes, 31 de diciembre de 2012

jueves, 20 de diciembre de 2012

Bo Nadal

Dende o equipo da biblioteca querémosvos desexar unhas Felices Festas do Nadal. 

Vémonos o ano que ven con máis novidades.

domingo, 16 de diciembre de 2012

NESTE NADAL, UN AGASALLO... UN CONTO!

RECOMENDACIÓNS DO EQUIPO DA BIBLIOTECA PARA ESTE NADAL

MOCHILAS VIAXEIRAS

Co gallo do día das bibliotecas escolares que se celebrou o 24 de outubro,  puxemos en marcha a MOCHILA VIAXEIRA un curso mais coa intención de achegar aos nosos alumnos/as á lectura e ao gusto polos contos. Nela levarán unha chea de aventuras, música, momentos para compartir cos vosos fillos e tamén lecturas para as familias que vos farán pensar e gozar.

Hai unha mochila por aula, e a quen lle corresponda levara a mochila o venres para casa e o mércores deberá estar de volta sen falta para que estea lista de novo o venres para o seguinte compañeiro/a.

Por ser un material de uso común é preciso que todos o coidemos para que chegue en boas condicións ao final da súa viaxe. Cada familia é responsable do contido da mochila e terá que repoñer aquel material que se perda ou deteriore.
¡¡FELICES LECTURAS!!

sábado, 22 de septiembre de 2012

Benvidos ao novo curso escolar 2012/13

Ola!. Xa empezou outro novo curso, e esperamos que pasarades un vran moi divertido e agora empecedes con moitas ganas, porque  Mon O Comeletras está preparando todo para que tamén teñades un curso divertido na biblioteca do Cole.
Cando teña todo preparado, xa vos iremos contando... ¡estade atentos, pois seguro que nos dará algunha sorpresa!

domingo, 24 de junio de 2012

RECOMENDACIÓNS PARA ESTE VERÁN

PARA PAIS
99 suxerencias escritas con humor que falan das pataletas,
dos castigos que deben cumprirse, de escoller o momento 
para razoar e o momento para dicir simplemente “non”
Dúas obras nas que as ilustracións están 
feitas con froitas e verduras moi expresivas
Este é o novo libro da nosa autora Fina Casalderrey.
É un libro de relatos sobre os dereitos da infancia 
que recomendamos para aqueles que teñan irmán maiores
Coma sempre algo de poesía
para os máis cativos da casa
Dous animais atópanse, xogan, enfádanse, 
sepáranse, bótanse de menos… e volven xogar

CONTOS NAS PORTAS